Formación en xénero.

Para aquelas persoas que poidades estar interesadas en afondar máis na perspectiva de xénero, recomendarvos que ollades e valoredes a posibilidade de realizar algún dos cursos do “Itinerario formativo virtual en xénero” que está a realizar a Universidade de Vigo.
Podedes atopar información no seguinte enlace. Eu realicei xa varios, non ven mal repasar conceptos e aprender cousas novas. Persoalmente recomendo “introdución á perspectiva de xénero”, “a perspectiva de xénero na educación” e o de “educación afectivo-sexual” (se tivera que elixir un só quedaríame con este último, pareceume moi interesante). É unha boa oportunidade de adquirir coñecementos novos, de calidade e de xeito gratuíto.

 Un recurso xa clasico para afondar na perspectiva de xénero é a Escuela Virtual de Igualdad, que neste momento depende do «Ministerio de la Presidencia, relaciones con las Cortes e Igualdad. Teñen un total de catro cursos básicos, iniciando co de Sensibilización en Igualdade de Oportunidades, e outros catro específicos como por exemplo o de aplicación práctica nos servizos sociais.

Foto de Delia Giandeini.