Competencias dixitais.

En Galicia existe unha rede de centros denominados Cemit, neles realízanse moitas actividades gratuítas para a formación en novas tecnoloxías, entre elas para a mellora das competencias dixitais. En Pontevedra hai un destes centros, con horario de mañá e de tarde, como podedes ver no anterior enlace.

Na nosa comunidade autónoma existe o CODIX: “A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación”.

Esta certificación está sendo valorada en algunhas oposicións que teñen fase de concurso, e é unha boa maneira de certificar tamén os vosos coñecementos ante institucións privadas. Así teredes unha boa forma de completar o voso curriculum e, evidentemente, de mellorar a vosa competencia dixital.

Tamén se poden facer os cursos para obter o CODIX a través da plataforma de teleformación EMA, e logo presentarse aos exames que acreditan as vosas capacidades.

Espero que esta información vos sexa de axuda e anímovos a mellorar e certificar as vosas competencias dixitais.

Saúdos.

Categorías: Docencia